Portada

deter o día cunha flor

Pozo, Luz e Valentín, José Traducción: DC#2ADQ
BAIA
01 / 2009
9788496893795
Gallego

Sinopsis

"Non existe a arte, só os artistas". Se as¡ o aceptamos, poder¡a explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sosti?a que "a poes¡a é unha pintura falada, e a pintura unha poes¡a muda". Luz Pozo e José Valent¡n seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se conceb¡a a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poes¡a, que volvemos atopar nesta obra, s¡ntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico. Deter o d¡a cunha flor, este é o t¡tulo, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valent¡n; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valent¡n, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.

Texto de Anxeles Penas na presentación do libro na Coru?a.

Galer¡a de imaxes: Deter o d¡a cunha flor.