Portada

Prevención de riscos laborais

Guía Básica de Información aos Traballadores en Prevención de Riscos Laborais

IDEASPROPIAS
9788498391336
Gallego
MANUALES GALEGO
Formación

Sinopsis


No ano 1995 publicouse en España a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, co fin de combater a sinistralidade laboral, fomentando unha cultura de prevención integrada nos sistemas de xestión empresarial. A importancia desta lei radica no desenvolvemento dos dereitos dos traballadores e as obrigas dos empresarios en materia preventiva, regulando a consulta e participación dos traballadores neste campo.

Ideaspropias Editorial preséntalle este material didáctico que proporcionará unha visión panorámica e introdutoria á prevención de riscos laborais. Deste xeito, detallaranse os factores de risco orixinados polas condicións laborais, os dereitos e os deberes en materia preventiva, a normativa de aplicación, os riscos laborais e as medidas preventivas, as medidas de emerxencia e primeiros auxilios, o control da saúde dos traballadores e a xestión preventiva da empresa.

Este módulo ten como único obxectivo a integración da prevención na actividade laboral diaria da empresa, así como na importancia de recibir a formación e información específica acerca dos riscos asociados ao traballo.