Portada

SILENCIO

XERAIS
05 / 2014
9788499146355
Gallego
FóRA DE XOGO
Infantil y juvenil

Sinopsis

Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.
Con esta novela descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica.
Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.