Portada

A pegada de Man

XERAIS
10 / 2006
9788497824644
Gallego
ESPAÑA
Fotografía

Sinopsis

Este libro, preparado por Xoán Abeleira, constitúe o primeiro achegamento ao percorrido biográfico e ao estudo da obra artística de Manfred Gnädinger, o chamado "alemán de Camelle". Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, o artista alemán instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, alí toda a súa vida, que cobrou trazas de auténtica lenda, e que finalizou de forma tráxica o 28 de decembro de 2002, apenas un mes despois de que o chapapote do Prestige asolagase a costa galega e estragase o conxunto das obras (esculturas e pinturas preparadas, a maior parte delas cos materiais naturais e de refugallo que deitaba o mar,) do seu singular Museo. A pegada de Man recolle case un centenar de fotografías a cor das obras do Museo de Man, intercalando textos críticos nos que se aborda a súa análise e o contexto artístico no que se inscriben. O volume, ademais, inclúe, un primeiro achegamento biográfico sobre unha figura artística que se pretende reivindicar, reclamando a urxencia de recuperar e poñer en valor o legado do seu museo.