Portada

Bernardino Graña

Homenaxe no 75 aniversario

XERAIS
10 / 2007
9788497826693
Gallego
ESTUDOS LITERARIOS
Biografías

Sinopsis

Este libro, coordinado por Héitor Mera, publícase como homenaxe ao escritor Bernardino Graña con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Réune once traballos, que constitúen un completo percorrido pola biografía humana e literaria do poeta de Cangas, ademais de catro homenaxes poéticas e artísticas. Abre o volume senllos textos de Clara Millán e Xosé Manuel Pazos, alcaldesa e concelleiro de Cultura do concello de Cangas, institución que colaborou na edición do volume, e unha semblanza biográfica do homenaxeado ("Bernardino Graña Villar: profeta do mar, profesta na súa terra") realizada polo coordinador do volume e completada por Anxo Angueira ("En Padrón, os alumnos do Institutoà"). A continuación Xosé María Alvarez Cáccamo ("Mar e amor contra a cidade gris. Os rexistros políticos na poesía de Bernardino Graña"), X. Millán Otero ("Bernardino Graña, poeta do mar) e Daniel González ("Cantando a Bernardino") estudan a obra poética do chamado "mariñeiro das palabras". Logo, Paula Fernández González ("Bernardino Graña, autor infantil") e María Navarro ("O gaiteiro e o rato Pérez. Premio Merlín 1993") abordan a súa obra infantil, Rosendo Díaz-Peterson ("Protoevanxeo do neto de Herodes") a súa novelística e Afonso Becerra de Becerreá (A literatura dramática de Bernardino Graña") a teatral. Completan este libro de homenaxe os poemas de Carlos Solla, Elvira Ribeiro Tobío, Lucía Novás e Xoán Xosé Abella, as fotos de Fran Herbello e a reprodución dos óleos e retratos do homenaxeado de Camilo Caamaño.