Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soaà Unha mañá, cansa de ser unha princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!