Portada

Río de son e vento

Antoloxía de poesía galega

XERAIS
9788483023723
Gallego
LITERARIAS SINGULARES
Poesía

Sinopsis

Río de son e vento pretende ser ese libro que o lector procura, un libro onde poida ollar o todo desde a parte, e onde poida encontrar os camiños para se mergullar no pormenor da parte desde a perspectiva global do todo. A este obxecto contribúen algúns criterios levados á práctica polo autor e promotor do proxecto, César Morán, músico e catedrático de lingua e literatura galegas. Tentouse desde o inicio que a antoloxía contivese a máis ampla representación poética, mais dentro dunha especial preferencia pola poesía contemporánea, e de maneira especial a das últimas décadas, levando este extremo cronolóxico á creación máis actual.A inclusión dalgunhas voces pode deberse a gustos persoais, a necesidades impostas pola totalidade deste traballo ou sinxelamente á consciencia de se tratar de voces ben (re)coñecidas. A inversa, a non inclusión de certas voces non significa que desmerezan con respecto a outras que si están incluídas, mais tamén aquí os criterios poden obedecer a gustos persoais ou a razóns atinentes aos obxectivos do traballo. Dada a amplitude do campo, o número de autores e autoras, os diferentes períodos, contextos socioeconómicos, estéticas, etc., non se fai análise literaria en cada caso, non se achegan autopoéticas nin se fornecen datos biográficos nin noticias da producción bibliográfica non poética dos creadores. Cada un dos principais apartados ábrese cunha breve explicación teórica que se propón a abordaxe dos textos seguintes desde criterios estéticos e socioculturais, de xeito que os lectores e lectoras posúan referencias nesa sempre navegación que é a lectura poética.O libro compleméntase co CD, Río de son e vento, onde César Morán Fraga musicou textos de dezasete dos poetas antologados. Un proxecto imprescindible para mellor coñecer a nosa lírica toda.