Portada

As cantigas de escarnio

XERAIS
9788475079448
Gallego
HISTORIA CRITICA LIT.MEDIEVAL

Sinopsis

A cantiga de escarnio supón un achegamento profundo e orixinal a un dos xéneros clásicos nos estudios galaico-portugueses. O lector atopará aquí os problemas inevitables da tradición filolóxica, como os ciclos satíricos e o seu trasfondo social e histórico, mais tamén importantísimas achegas desde o punto de vista estético e literario que os profesores Lanciani e Tavani foran desentrañando parcialmente nos seus anteriores estudios sobre o tema: os procedementos de intertextualidade xenérica, os recursos expresivos. Así mesmo, sitúase por vez primeira a cantiga de escarnio sobre o fondo da tradición satírica medieval, da que se coidaba tradicionalmente moi á marxe. En conxunto atopámonos perante un traballo fundamental, tanto para o estudioso ou o filólogo coma para o curioso lector que ningún afeccionado ás letras pode ignorar.