Portada

Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)

XERAIS
03 / 2007
9788497825313
Gallego
CRONICA
ESPAÑA
Ensayos

Sinopsis

Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a "acta" orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977).