Portada

1936. Os primeiros días

XERAIS
9788475077604
Gallego
CRONICA

Sinopsis

Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mpos de Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade de Castelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos, despois da guerra civil que aquí non houbo, fixeron todo o posible porque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Pero aínda así, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas, gracias ó exilio e ó silencio, houbo aínda moitos republicanos que sobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aqueles tempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, os colaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimes cometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza.Estes son os protagonistas do libro 1936, os primeiros días. O equipo de investigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo a recollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucción de acontecementos históricos e aínda decisivos socialmente na actualidade.Dirixidos polo historiador Marc Wouters, María José V ázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, Julio Prada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa memoria, esa verdade sobre os días inmediatos á sublevación militar fascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando así unha visión de conxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avance das forzas progresistas en Galicia.