Portada

Vigo no espello dos nosos avós

XERAIS
9788475075426
Gallego
CRONICA

Sinopsis

¿Cómo era hai cen anos esta cidade? ¿Qué rostros, que personaxes, que tipos humanos a habitaban? ¿E que iniciativas, ensaios, proxectos ou utopías fixeron dela a ``nova California´´, a ``Barcelona atlántica´´, o ``San Francisco galego´´, que era como lle chamaban os nosos avós?Este libro ten o engado dos vellos daguerrotipos, ou daquelas antigas placas de vidro coas que os fotógrafos de principios de século tentaron plasma-las primeiras instantáneas da cidade, porta do Atlántico á que moitos chegaban camiño das Américas para logo ficaren nela a vivir.Hai cen anos Vigo era un pequeño burgo duns poucos milleiros de habitantes. Para xa daquela soaba polo mundo. O seu crecemento foi abraiante, vertixinoso, e nestas páxinas están algúns dos seus primeiros protagonistas: Elduayen, Tomás Mirambell, Elías Pérez (profesor do Colexio de Humanidades), os Curbera, Cesáreo Corbal, García Barbón, Luís Taboada, González Sierra.Daquela, os empregados do Cable Inglés ensinaban a xogar ó fútbol ós nosos avós, e na praia anunciaban salutíferos baños as instalacións de ``La Iniciadora´´.