Portada

Conversas con Manuel María

XERAIS
9788475074641
Gallego
CRONICA

Sinopsis

``O primeiro escritor que coñecín e tratei foi a Luís Pimentel. Tivemos moita intimidade. Era moi cariñoso, moi firme nas súas ideas, que defendía sen erguer a voz, moi elegante no vestir, e tamén moi aprensivo coas enfermidades. Pasou a vida queixándose do estómago e do corazón (...)´´.``Fixen o campamento militar en Parga. Alí atopei con Novoneyra. Era o escribente do brigada de cociña e levábame a comer con el. Nas horas libres iamos ler D´o Ermo de Noriega onda unha pena, envoltos en capotes (...)´´.``Pola tarde citábamonos na tertulia do café Español. Alí estaba Borobó, que daquela dirixía La Noche, e tamén García Sabell, Fermín Bouza-Brey, Francisco Río Barxa, Maside, Benito Varela Jácome, Ramón Lugrís, Floro Morán, que era dono do Hotel España e cuñado de Fernández Albor, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro...(...)´´.``O non callar o proxecto do Consello da Mocedade abríronse dúas opcións. A cabeza da U.P.G. era Ferrín. A do P.S.G., Beiras...(...)´´.``Se a nosa cultura non se explica dende a realidade socio-política do país, non se entende absolutamente nada´´.