Portada

Contos de tres mundos

XERAIS
9788475079127
Gallego
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Sinopsis

Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e residente en Cuba desde 1961, Xosé Neira Vilas é un dos narradores contemporáneos de maior éxito nas nosas letras, sobre todo a través de volumes emblemáticos como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho (número 12 na nosa colección), Remuiño de sombras ou Tempo Novo.Partindo dun consciente proxecto de tradicionalismo narrativo, Neira Vilas mostra unha constante preocupación por transmitirnos a súa vivencia e mais a súa visión da Galicia interior e da Galicia emigrante, contempladas en moitas ocasións desde os ollos dun neno/adolescente.Toda esta perspectiva xorde nítida para o lector da selección de relatos que constitúe Contos de tres mundos: unha ollada comprometida co país e mais coas xentes que o habitan, amparada sempre desde unha prosa de pulso firme e certeiro.