Portada

Historia dun paraugas azul

XERAIS
05 / 2006
9788497824132
Gallego
NARRATIVA
Narrativa

Sinopsis

Despois de quince anos publícase a edición completa e revisada da primeira novela de Xosé Miranda, merecedora do Premio Manuel García Barros de 1990, a clásica Historia dun paraugas azul. Ademais da historia dos transfraguenses Lino Carrán e Fión Nabarquela, que constitúe o corpo desta novela coral, ofrécensenos nesta nova edición, os epílogos que foran suprimidos na primeira versión: as crónicas da cidade murada de Liunamore, a resposta de Fión ao parlamento da cidade, a historia do revolucionario Lanzós da Lagoa e a noticia de Ramiro Pimpín. Moitos dos enigmas formulados obteñen, así resposta. Historia dun paraugas azul é, en palabras do crítico Xesús González Gómez, "unha excelente novela, culminación e paradigma dunha tradición narrativa galega". A novela que une o histórico e o fantástico, é un dos cumes da nosa narrativa fantástica e marabillosa.