Portada

Porta blindada

XERAIS
9788475074566
Gallego
NARRATIVA
Literatura clásica

Sinopsis

Unha intensa, terrible viaxe interior. Dous mundos enfrontados e interdependentes: dunha banda o protagonista, internado nun manicomio, desterrado de si mesmo, esconxurado as súas pantasmas; doutra banda, o país, a nación que soñamos, a Galicia da postguerra, alentando a resistencia antifranquista nos montes e viva aínda a utopía liberadora no exilio de alén mar. Marqarita Ledo, unha das nosas escritoras máis orixinais e menos acomodaticias, logra probablemente nestas páxinas o seu mellor momento narrativo.Inspirada na figura de Antón Moreda, de quen moi pouco se fala, pero que nos primeiros anos sesenta foi principal impulsor do Consello da Mocidade (movemento de compromiso político que intentaba superar o culturalismo galeguista no interior), foi militante da UPG e acabou nun psiquiátrico, Marqari ta Ledo ensaia, ó mesmo tempo, unha íntima metáfora do país, na esquizofrenia e a convulsión permanentes, abafado nas propias contradiccións, tecendo e destecendo no bastidor, como a Penélope aquela no poema de Díaz Castro.Nomes e apelidos da historia do galeguismo dos últimos anos aparecen nestas páxinas que en ningún caso son unha crónica, pero que teñen moito de espello, de reflexión, de búsqueda lírica e expresionista, descarnada e cruel, cunha prosa esixente que -na procura do propio estilo- endexamais fai concesións.