Portada

A narrativa galega actual (1975-1984)

XERAIS
9788483020173
Gallego
LINGUA E LITERATURA
Ensayos

Sinopsis

E innegable a existencia dunha vontade de innovación narrativa nos anos previos á morte do xeneral Franco. Sen embargo, só a partir de 1975 se observa un verdadeiro salto cualitativo nesta dirección, en consonancia coa explosión sociopolítica e cultural dos primeiros momentos do posfranquismo. O cambio máis significativo está representado polo apoio que moitos dos textos narrativos reciben das diversas institucións sociais (as reflexións públicas e privadas dos colectivos de escritores, a receptividade do mundo editorial, a predisposición da crítica, ou a multiplicación e consagración dos premios literarios). Este recoñecemento público tradúcese, non sen dificultade, nunha progresiva lexitimación social das novas formas da escrita literaria e na súa canonización estética. E sucede precisamente cando se inauguran novos comportamentos de participación na vida pública, e se producen cambios substanciais na configuración dos diversos discursos sociais, sobre todo no literario.