Portada

Estrema. Derrota

XERAIS
9788483023617
Gallego
CENTRO DRAMATICO GALEGO
Teatro

Sinopsis

Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior a Estrema. Doce personaxes anónimos, oito homes e catro mulleres, no espacio indeterminado dun parque público, protagonizan unha serie de escenas aparentemente inconexas entre si que progresivamente van adquirindo sentido para chegar a unha coherencia final que lles proporciona significado. A corrupción, a identidade, o paso do tempo, as relacións humanas... o mundo da marxinación, a morte, a droga, a delincuencia, o amor, a esperanza no futuro, todo se presenta ante nós a través das situacións que viven os personaxes no parque. E unha obra moderna na súa forma, de actualidade na súa temática. E un texto ben escrito e construido, admirablemente dialogado, que utiliza referentes coñecidos e que sabe alternar o cotián co transcendente, evitando o transcendentalismo pero transmitindo de modo moi eficaz o contido cunha poderosa teatralidade.Tamén hai teatralidade pura en Estrema, un texto redondo na súa forma e no tratamento da súa temática. Estrema é o linde de terras, a demarcación onde se dividen as herdades de distintos donos. Estamos ante un esbozo da Galicia eterna, contemplada con tráxica e amorosa mirada que teme a súa capacidade autodestructiva... Dous homes maduros -o da esquerda, o da dereita- serán, como os personaxes de Lugar, os polos de actitudes e vivencias opostas. O texto amósanos o protagonismo de dous mundos opostos, o da modernidade fronte ao da tradición, o campo fronte á cidade (e a necesidade de arredar dela), a falacia dunha ideoloxía progresista urbana fronte á realidade do traballo físico no agro. Estamos ante unhas terras que se venden... unha pedra sinala a demarcación en venda... E unha pedra que sinala tamén os niveis da tolerancia humana. Un metro e medio de terra será metáfora dun abismo, dos límites da existencia, da luz, da escuridade, do silencio, do podá... o da razón, o da pedra, eterna, inamovible.