Portada

O libro da empanada

Historia, tradición e 107 receitas

XERAIS
02 / 2006
9788497824187
Gallego
GASTRONOMIA
ESPAÑA
Gastronomía

Sinopsis

A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. E, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxóns, de millo con zamburiñas, de vieiras, a costrada, as de cu de tarteira..., son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romerías, nas celebracións domésticas ou nos mellores restaurantes. Por iso é o producto galego máis universal.