Portada

Rotas de bicicleta de montaña

XERAIS
9788475079097
Gallego
ROTEIROS

Sinopsis

Rotas de bicicleta de montaña abre unta nova vía dentro do noso panorama editorial. Por primeira vez, o mundo da bicicleta de montaña descóbrese ante o lector con toda a súa fascinación. A través deste libro, a bicicleta amóldase á natureza para nos axudar a percorrela e coñecela integrándonos nela e respectándoa.Xosé Manuel Castaño, profundo coñecedor dos moitos itinerarios que Galicia lle ofrece ó afeccionado á bicicleta, ensínanos os mellores, os máiss apetecibles, e faino desde a utilidade dun libro eminentemente práctico pero que tamén nos descobre pequenas cousas sobre a cultura e a historia dos lugares que percorre.E a grandeza dun libro que pretende ser un verdadeiro compañeiro de rota, un amigo do carniño.Nos cumes do Courel e no rio Soldón, no Lor e na fermosa fervenza do Toxa, no Monte Pindo e na beira do Miño, na Ribeira Sacra e no Monte Aloia, nos dólmenes de Mau de Salas, na Serra do Barbanza e no mosteiro de Sobrado, ata un total de 23 percorridos vannos descubrindo os camiños máis apetecibles de Galicia.