Portada

O capitán Ro e o gato Bo

XERAIS
9788475078144
Gallego
MERLIN 7 ANOS
LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS

Sinopsis

O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como tódolos roñentos aliméntase de causas que comezan pala sílaba ro. En pouco tempo desaparecen tódalas rosas, tódalas rochas, tódalas rodas...Con el viaxa o gato Bo que, farto xa do seu amo, proponlles ás autoridades terrestres un acordo: el entregarálle-lo o insaciable capitán a cambio de que lle dean de comer bocartes e bonito.Estando o gato Bo coa súa Navelaíña no planeta Maruca, chega un S.O.S dende a Terra: mil e unha naves de Roñentos atacan a Terra para vinga-lo capitán Ro. A mensaxe viña nun raro idioma, que só a Navelaíña sabía traducir; cando chegaron á Terra, xa nin era Terra nin nada. Co Boli das Mil Colores o Gato Bo tivo que debuxar todo de novo. Pero o Boli das Mil Colores non debuxaba nada que tivese mala intención como fragatas con canóns ou buques lanzatorpedos. Mentres, a Navelaíña morrerá heroicamente despois de salva-lo universo dos terribles rañentos.Logo, ó Gato Bo éntralle a teima de intentar rabuña-las estrelas; ¿conseguirao? Finalmente, poñerá un anuncio para atopar noiva: ¿acudirá algunha gata ó seu anuncio?