Portada

Don Merlo con chaqueta

XERAIS
9788475077659
Gallego
MERLIN 7 ANOS
Literatura infantil: de 0 a 12 años

Sinopsis

O libro consta de quince breves contos cos animais como protagonistas. Uns animais que case sempre son os que corresponden á fauna propia do bosque galego: lobos, raposos, curuxas, paspallás, merlos, coellos..." Don Merlo con chaqueta " é un conto que serve de pórtico ós que veñen despois. Nel, don Merlo decláralle a dona Bolboreta que " sabe contar mil contos pequeniños " . Os que se nos ofrecen no libro son só unha mostra.Atopamos contos con personaxes humanos " ¡Vaia aventura! " , " Ana e o rato González " nos que se mestura realidade e fantasía. E atopamos sobre todo contos con animais de protagonistas (o león que devece por ve-lo mar, o paspallás que exerce de profesor doutros paxaros, o canario que arela ser presentador de circo...). Na mellor tradición dos relatos de animais, os personaxes teñen un comportamento humanizado, o que lle serve á autora para pousar unha ollada tenra e irónica sobre moitos comportamentos da vida cotiá.Algúns dos contos, finalmente, teñen como personaxes os elementos da natureza (o Sol, o Vento...), un recurso moi usado na tradición oral e moi eficaz para as idades dos lectores ós que vai dirixido este libro.