Portada

As pescadoras

KALANDRAKA
01 / 2017
9788484642831
Gallego
MAREMAR
LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS

Sinopsis

"As pescadoras" é unha adaptación dun conto tradicional
da India que destaca polo seu poder evocador dos sentidos
a través da descrición de lugares, sons, aromas...
Chama moito a atención a fermosa e delicada proposta plástica,
a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras:
personaxes, obxectos e adornos elaborados con madeira,
cartón, aramios ou elementos téxtiles, entre outros materiais.
As protagonistas son sorprendidas por unha forte tormenta
e atopan acubillo na casa dunha hospitalaria florista.
Alí descobren que, ante o intenso olor a flores da habitación
onde esta lles ofrece repouso, prefiren descansar ulindo
a redes, peixes, algas e salitre.