Portada

Miro Casabella e a Nova Canción Galega

GALAXIA
11 / 2008
9788498651263
Gallego
REPORTAXE
Biografías

Sinopsis

Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo Doa e logo o regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das cancións de Miro Casabella son xa himnos, símbolos dun tempo. A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia.