Portada

Culturas, civilizacións e sociedade global

GALAXIA
10 / 2005
9788482888439
Gallego
ENSINO
Literatura

Sinopsis

A Fundación Carlos Casares iniciou a súa actividade pública en marzo de 2003. Entre os seus obxectivos figuran o de preservar e difundir o legado literario de Carlos Casares, pero tamén o de manter viva a súa herdanza cívica, substentada sobre un galeguismo aberto e pluralista. En colaboracións con diversas institucións e empresas, a Fundación desenvolve diferentes programas e foros de debate relacionados coa literatura, o pensamento, o urbanismo ou o mundo audiovisual, entre outras temáticas. Recollénse neste volume as intervencións de Josep Borrell, Gema Martín Muñoz, Fernándo Savater, Eugenio Trías, Darío Valcárcel e Darío Villanueva nos I Encontros de Mondariz-Balneario, organizados en setembro de 2003 pola Fundación Carlos Casares, así como o máis substancial dos debates que esas intervencións xeraron entre o público asistente. Este inusual formato contribúe a que o resultado sexa un libro de gran vivacidade e cheo de suxestións de interese para introducirse nalgúns problemas fundamentais do mundo contemporáneo.