Lenin, sen dúbida unha das figuras máis importantes do século XX, simboliza o maior paso adiante xamais dado para revolucionar a historia, cun impacto electrizante nos dereitos da clase traballadora, das mulleres e dos pobos oprimidos. Con este libro, Albert Botran pretende romper a vitrina tras a que permanece momificado por orde de Stalin e manter con el unha conversación sobre os problemas do mundo actual: o que Lenin pode dicirnos sobre o poder político, a guerra, a planificación económica, a cultura e os retos dun sistema alternativo que pon as necesidades sociais, e non o lucro, no centro das sociedades humanas. Contra toda simplificación, descubrimos un líder que fala con claridade, sen maquillar os problemas vividos pola experiencia socialista: agricultura, industria, burocracia, democracia. Un militante especialmente preocupado polas cuestións organizativas, tanto do partido como da administración pública, e un pensador aberto que reclamaba ôa forza e a flexibilidade para comezar de ceroö.