Portada

(g).problematica nacional e colonialismo.o caso galego

AA.VV.
TEMPO GALIZA
01 / 1978
9788485271153
Gallego
A REPUBLICA DAS IDEAS
última semana
Narrativa

Sinopsis

Problemática nacional e colonialismo. O caso galego, publicado en 1978, veu sintetizar a análise da cuestión nacional desde unha perspectiva marxista e aplicada á realidade galega. Como todas as grandes obras, é fillo do seu tempo, mais tamén absolutamente vigorante. Nun momento de forte debate sobre reforma ou ruptura e a necesidade dun proceso constituínte galego propio, virou logo nun referente teórico da posición de ruptura democrática e defensa da soberanía do nacionalismo galego e nunha peza fundamental de formación política para millares de persoas. Consta que, esgotada a única edición, circulou en fotocopias e en formato PDF. Non hai mellor proba de que continúa a ser un libro vixente e necesario. Quen se quixer achegar a un ôconcepto histórico e anti-esencialistaö de nación, á explicación da inserción dependente da Galiza no sistema capitalista do Estado español ou a unha visión dialéctica do dereito de autodeterminación ten neste libro a chave para facelo.