Portada

María Miramontes e Ánxel Casal

CUMIO
03 / 2025
9788482897189
Gallego
(G).MIUDIÑAS
INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS

Sinopsis

Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura. Neste libro, coñeceremos a María Miramontes e Ánxel Casal, dúas figuras fundamentais na loita pola nosa lingua e cultura. A súa historia é un exemplo de paixón, resistencia e amor pola cultura galega, un legado que aínda hoxe seguimos lembrando. María Miramontes naceu en Guísamo, Bergondo, en 1895 e dedicou a súa vida a defender a lingua e a cultura galega. Traballaba como costureira na Coruña, pero a súa verdadeira paixón levouna a unirse ás Irmandades da Fala e a apoiar a editorial Nós, que dirixía o seu marido Ánxel Casal, sendo éste un dos primeiros e máis relevantes editores na época moderna da nosa língua. En 1936, tras o asasinato de Ánxel, María tivo que exiliarse en Bos Aires, pero nunca deixou de loitar por Galicia. Grazas ao seu traballo, o galego seguiu vivo mesmo nos momentos máis difíciles.