Portada

(G).HISTORIAS DE BARBANTIA

VV.AA.
GALAXIA
04 / 2024
9788411762069
Gallego
LITERARIA
últimos 15 días

Sinopsis

Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da ôintelixencia naturalö da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades ôarredor de nósö ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: ôUn para todosö, armados de luz e palabra. E se ôtodo está na palabraö en termos nerudianos, a palabra poética será a única arma salvavidas que nos ha rescatar dos desérticos mares que nos ameazan: a intolerancia, a insensibilidade, e mais a ignorancia.