Lobo quería cantar desde o día en que a súa nai lle ensinou a ouvear á Lúa. Subíase ao alto dos penedos e cantaba sen parar, houbese Lúa chea ou non. Os seus veciños non estaban moi entusiasmados. Tiñan fortes dores de cabeza e tamén pesadelos porque, escoitar ouvear ao Lobo, resultaba algo inquietante para eles... A convivencia entre veciños é complicada, e máis cando un deles é un lobo que non pode deixar de seguir o seu instinto...musical!. Terán que atopar a forma de vivir en harmonía con ese lobo imparable.