Portada

A vontade de cambiar IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484876229
Gallego
GENÉRICO

Sinopsis

Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Preséntasenos, xa que logo, unha nova masculinidade. Unha masculinidade feminista. Debemos matar o home patriarcal para que agrome o novo home feminista.
A vontade de cambiar trata sobre a necesidade de vivir nun mundo onde as mulleres e os homes poidan pertencerse uns aos outros. Observando as razóns nas que o patriarcado sustentou o seu poder sobre os homes e as súas vidas, a autora reclama o feminismo para os homes, amosando por que o pensamento e a práctica feministas son o único xeito de resolver a crise da masculinidade.
Non obstante, tal e como subliña bell hooks, non podemos pedirlles a nenos e homes que cambien sen ofrecerlles unha cultura para o cambio. A definir e presentar esa cultura están dedicadas as páxinas deste libro.