Portada

Non temerás os coches amarelos

XERAIS
02 / 2023
9788411102643
Gallego
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Narrativa

Sinopsis

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.