Portada

A timidez das copas IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484875529
Gallego
Poesía

Sinopsis

A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese.
A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o sosego e o silencio.

Co paso lento procuro non deixar
pegada nesta fraga virxe
Prometer un ronsel invisible a cambio
dun refuxio.