Portada

(g).embigo do becho, o:retrincos da intrahistoria de

RINOCERONTE EDITORA S.L.
9788415166900
Gallego
MORGANTE

Sinopsis

O pobo cerdedés é libre de adorar os ídolos da súa predilección. Á luz dos feitos e tamén das feitorías, eu tamén son libre de opinar que eses ídolos son falsos. Outros, ben seguro, deberan ser os referentes nos que basear o noso rexurdimento posíbel: a luminosa erudición do Padre Sarmiento, a ardencia emancipadora do movemento agrarista, o étnico cosmopolitismo de Otero Espasandín, os ideais democráticos dos nosos mártires republicanos, a xenial retranca dos arghinas, o vitalismo de Manuela de Barro e toda a sabedoría popular escolmada nos cinco Retrincos publicados (e un sexto en preparación). È gozoso salientar que, en Cerdedo, alén do inmobilismo maioritario, existen honrosísimas e anónimas individualidades cuxo irredutíbel compromiso actúa e actuará de antídoto contra a desesperanza.