Este libro, como delata o seu título, é froito de dúas pulsións
radicalmente opostas nun tempo no que Martín Veiga ía atravesar
a vivencia transformativa de converterse en pai por primeira vez
-?a ganancia máis fermosa?, en palabras do autor- e a experiencia
frustrante de padecer un ataque informático que borrou
do seu ordenador -?a violencia ruín da perda?- todos os arquivos
de moitos anos de traballo, entre ensaios, traballos académicos,
poemas, anotacións, fotografías...