Portada

ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA

Carvalho Calero en escena

LAIOVENTO, S.L.
09 / 2019
9788484874546
Gallego
CADERNOS ENSAIO
375
Literatura
Ensayos

Sinopsis

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de
texto para a escena é como ler un guión cinematográfico
prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos
casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a
perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho
Calero, en coherencia coas súas palabras Eu endexamais
escrevin teatro para ler. Iso orienta o noso esforzo de
análise e interpretación d'A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro,
pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen,
a súa incardinación na historia da cultura e o non ben
recoñecido oficio teatral do autor, até o punto de a primeira
das obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúganse
nese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentío
escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a proscrición
dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica
a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra
a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe
mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho,
para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegas

non conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, nin
poderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón do
consabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuará
a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común,
permanecerá inesquecido, inesquecíbel