Portada

CARLOS MARX: O ETERNO REBELDE IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484873976
Gallego
Biografías

Sinopsis

Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque
segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se
alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico.
Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa
marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado no milenio
e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo
sapiens.
A súa obra cume O Capital é un dos libros máis comercializados da
historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que
lean esa monumental obra, hoxe usada como bibliografía o mesmo en
Harvard que nunha pequena escola da Patagonia.
Terxiversado, levado a dogma, no propio século XIX dicía "Todo
o que sei é que eu non son marxista". O corpo teórico desta filosofía
estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado,
aínda que a súa revisión cara á esquerda ou á dereita levou a que unha
boa parte dos terrícolas explorados, marxinados e ata escravizados
aínda hoxe, non entendan que esa teoría sustenta a liberación de todos
a partir de que se elimine a plusvalía.
Dese home e a súa contorna, como un acto confeso de amor, trata o
libro que o lector ten nas súas mans: Carlos Marx, o eterno rebelde.