Portada

Pelerinaxes

Itinerario de Ourense ao San Andrés de Teixido

GALAXIA
06 / 2017
9788491510673
Gallego
Biblioteca Otero Pedrayo
11
Narrativa

Sinopsis

Ás seis da mañá do luns 4 de xullo do ano 1927, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey comezaron unha viaxe que os ía levar a pé ao Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Sete días despois, pasando por Viana (preto de Chantada), Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Vilalba, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira, chegaron ao seu destino. En setembro de 1929, a editorial Nós tiraba do prelo na Coruña o libro en que Otero Pedrayo fai o relato desa viaxe a Teixido. A obra leva un limiar e debuxos de Vicente Risco.