Portada

O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO.- CLAUDE GUEUX. IBD

VICTOR HUGO Traducción: Harguidey Banet, Henrique
LAIOVENTO (IBD)
03 / 2017
9788484873549
Gallego
Novela

Sinopsis

Nestes dous relatos - O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO e CLAUDE GUEUX- igual que
en toda a súa obra, Victor Hugo fai gala dunha humanidade, unha comprensión e
unha mesura absolutamente inseparables da súa firmeza, coherencia e valentía.
Canto ao valor literario, cómpre subliñar a súa innovación ao introducir o xénero
da introspección feita polo propio personaxe. Neste sentido, O derradeiro día dun conde-
condenado resulta unha novela contemporánea.

Desgraciadamente, o alegato en favor da abolición da pena de morte
tamén segue plenamente vixente nos nosos días. Non só porque en moitos
países do mundo continúa viva esta pena capital, incompatible cos
valores da redención e a reeducación dos culpables senón tamén polas
novas formas -quer individuais quer colectivas- que na actualidade ela
adopta. Publicar estas obras en galego significa alentar o espírito da Tolerancia
e da Xustiza e levar á nosa lingua unha novela da que Dostoievski
dixo: «É a máis real e a máis ateigada de verdade de todas cantas obras
el escribiu».