Portada

Últimos bruídos

POSITIVAS
06 / 2016
9788494273926
Gallego
Poesía

Sinopsis

O vello mundo eslúcese e outro novo mundo tarda en aparecer. No luscofusco dese tránsito, afirmaba Gramsci, nacen os monstros. Poida que esteamos xa aí, nese lugar e nese tempo no que se albiscan os perfís do que vén, os lindeiros informes do escuro. È nesa aira de tebras onde abrolla a linguaxe inquedante de "Últimos bruídos", a estrea poética de Marga Tojo.
A autora conseguiu armar neste libro o retrato desolado e certeiro dun futuro distópico e ameazador. Os poemas son o rastro, o diario desa procura: mapas, en verdade, ferramentas valiosas, que cartografan o devir das almas e que logran resituar as mulleres no centro dunha historia contada e escrita polos vencedores de todas as guerras. Non hai acougo para quen afronta a tarefa de resignificar ese legado. Non hai paz para quen se rebela, nin tampouco haberá tregua nin auga para quen se achegue á valentía descarnada destes versos de Marga Tojo.