Portada

As damas verdes

Sand, George Traducción: Xavier Senín
HUGIN E MUNIN
01 / 2017
9788494540363
Gallego
XIX
Novela

Sinopsis

'As damas verdes', publicada orixinalmente por entregas no semanario 'Le Monde illustré' entre abril e xuño de 1857, é unha novela curta de gran singularidade dentro da produción literaria de George Sand, unha das meirandes figuras do romanticismo francés, que aquí opta por facer unha aproximación ao xénero fantástico, con evidente ironía.
Certo día de maio de 1788, un avogado chamado Just Nivières preséntase, enviado polo seu pai, no castelo da condesa de Ionis por mor dun preito que esta mantén cuns familiares e no que cómpre tomar unha decisión. Pero a atmosfera que alí atopa é ben máis complexa do esperado. Perturbado polas aparicións dunhas misteriosas e lendarias damas, sen saber de certo que responde á realidade e que á fantasía, o mozo, atacado por un incipiente desexo amoroso, deberá facer fronte á situación. Así pois, tras o atractivo veo dun relato fantástico, Sand aproveita para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.

A presente novela foi moi apreciada por, entre outras, Rosalía de Castro, quen reparou nas enormes similitudes co seu 'El caballero de las botas azules' (1867). Por outra banda, cabe sinalar que a Sand unha «novelista profunda», ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista.