Portada

ALÉN DA CASTA IBD

LAIOVENTO (IBD)
03 / 2016
9788484873105
Gallego
Economía y empresa

Sinopsis

ALÉN DA CASTA.
Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI.

A crise financeira, transformada rapidamente en crise económica, social e
política, aviveceu a crítica da desigualdade económica e a denuncia dunha
pequena minoría de empresarios e políticos que goberna a sociedade
ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social.

É posíbel comprender a sociedade ignorando os conceptos de poder,
xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva a iniciativa,
a minoría poderosa ou a maioría subalterna?.

Este texto describe as clases sociais tal como se configuran na primeira
década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional,
desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda
ofensiva para aumentar a súa riqueza e poder e eliminar as conquistas
históricas das clases traballadoras, da gran maioría social.

O resultado desta ofensiva é un enorme aumento da desigualdade na
distribución da renda e a riqueza e un extraordinario ascenso da concentración
do poder económico e político, paralelo ao aumento da pobreza,
a exclusión social e a precariedade.

Un percorrido desde o cume do poder económico e político até as
vidas precarias de millóns de traballadoras e traballadores.