Portada

Un pintor que sabía o que facía. IBD

LAIOVENTO (IBD)
01 / 2016
9788484873068
Gallego
Pintura, escultura, danza y teatro

Sinopsis

Un pintor que sabía o que facía.
Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.


Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos
da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979).
Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como o estilo creado e
desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun
traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade
internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura
profundamente galega, e que se sitúa fortemente inserida nos valores
da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.

En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores
galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.

Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha
elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización
das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de
cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.

Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura,
o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos
máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX