Portada

Epistolario

Obra completa

FUND.PEDRO BARRIE MAZA
03 / 2015
9788497521178
Gallego
CLÁSICOS DA ACADEMIA
Poesía

Sinopsis

Coa aparición de "Epistolario" conclúe a publicación da Obra Completa de Manuel Antonio. Así, coa publicación de "Prosa", "Poesía" e "Epistolario", volumes editados pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega dentro da colección Clásicos da Academia, ponse a disposición do público académico e o lectorado en xeral unha edición guiada pola máxima atención á vontade orixinal do poeta.
O corpus de correspondencia achéganos o universo humano de Manuel Antonio, coa vila de Rianxo como fondo, un lugar de encontros entre o cotián e o universal onde se fraguaron personalidades de primeira liña no galeguismo da década de 1920. As cartas permiten iluminar aspectos da vida dopoeta apenas tidos en conta e seguir a construción da súa extraordinaria personalidade artística e intelectual. Amor, relaciones familiares, fidelidade ás ideas, aprendizaxe e mestría, complicidades persoais, desenganos e desexos, compoñen o rico tapiz que serve para coñecer mellor o poeta que introduciu as vangardas na literatura galega.
A edición literaria é responsabilidade de Xosé Luís Axeitos, quen reúne a dupla condición de rigoroso editor literario e experto e apaixoado coñecedor da villa da que tanto el como o poeta son naturais.