Paco Papán empéñase en atopar un traballo
 á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns
 busca traballo na xastraría, o martes na casa
 duns labregos, o mércores na taberna...
 Despois de divertidos contratempos e
 estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non
 queda ninguén no contorno disposto a darlle
 traballo, a súa perseveranza e optimismo
 veranse por fin recompensados.
 
 Esta versión do conto tradicional europeo
 incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polos
 sete días da semana, que indican o discorrer do
 tempo e o peche do ciclo en que se completa
 a independencia do protagonista.