Portada

Isaac diaz pardo

IR INDO
02 / 2008
9788476806135
Gallego
GALEGOS NA HISTORIA
Biografías

Sinopsis

Isaac Díaz Pardo, nacido en Santiago en 1920, foi un neno criado e educado nos valoresculturais, ideolóxicos e artísticos da República. Seu pai, o artista Camilo Díaz Baliño, escenógrafo de profesión, fixo do seu taller da casa da Tumbona, na rúa das Hortas compostelá, un lugar de encontro dos artistas e intelectuais galeguistas cos que Isaac conviviu e colaborou desde mociño. Sen embargo, todas as ilusións da infancia e da adolescencia escacharon en xullo de 1936. Díaz Baliño, Anxel Casal e outros tantos amigos da familia foron asasinados. Isaac, en cuestión de horas pasou de ser un neno da República a un mozo da guerra. Tivo que agacharse porque tamén perigaba a súa integridade e defenderse na vida como puido. Primeiro como pintor industrial, logo como artista plástico de grande éxito e desde 1950 como ceramista, creador e fundador das Fábricas de Cerámicas do Castro, da Magdalena arxentina e de Sargadelos. Mais os tempos da República deixaron en Díaz Pardo unha marca indeleble que lle alentou de por vida a ilusión por mudar a sociedade galega. Na Arxentina serviu de ponte entre a Galicia do exilio e a do interior e con Luís Seoane en 1963 fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, ente teórico e viveiro de ideas, que foi o que posibilitou que da unión de dúas personalidades creadoras e visionarias como a de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo nacese a proposta cultural privada máis importante e transcendente de cantas se teñan feito na Galicia posterior ao ano 1936.